COMPOSITORES
 
volver

Comesanha, Xabier

27/05/1968 - Bremenhaven ( Alemania)

 


XABIER COMESANHA PEREIRA




Xabier Comesaña Pereira nado o 27 de maio de 1968 en Bremenhaven ( Alemania).


A súa formación musical tivo lugar en distintos conservatorios como o Superior de Vigo, Superior da Coruña, Superior “ Amigos do Pais” de Santiago de Compostela, Superior de Coimbra, Escola de Altos Estudios de Oporto, Conservatorio profesionalManuel de Falla” e actualmente na escola de altos estudios musicais de Santiago de Compostela, dónde segue a traballar a composición da man do mestre D. Antón García Abril.


Durante a súa formación que comenza da man de D. Xose Iglesias Ramilo, traballou de forma continuada e participando en cursos de perfeccionamento con distintos Mestres como Celso Otero, Pedro Iturralde, Francisco Martínez, Narciso Pillo, Jean Pennings, Daniel Deffayet, Jose Susi, D. Miguel Sacristán, D. Rogelio Groba, Pedro Pinfano, Michael Douglas, The Rascher Quartet, Maximino Zumalave, Georgui Fedorenko, The Ámsterdam quartet


Comenza os estudios musicais ós 11 anos na Banda de Música “ Unión Musical de Valladares”. A vocación pola dirección de bandas e corais ponse de manifesto ós 17 anos, formando a Coral infantil “ Velaivai” do C.P. de Valladares e a “ Banda Escola de Música de Beade”, no ano 1985, que dirixe ata o ano 1992. Funda e dirixe tamén o Coro infantil do C.S.C.R. de Beade. Foi cofundador do cuarteto de saxofóns “Sax Disonanti”.Formou parte da coral polifónica de Valadares cantando na mesma de barítono, e da orquestra de cámara de Vigo actuando como percusionista.


Dentro do campo da dirección actualmente ocúpase da Banda Municipal da Estrada, a Coral polifónica Estradense, a Coral polifónica de Soutomaior e a Orquestra do Conservatorio profesional de música da Estrada.


Graba o seu primeiro L.P. coa Banda Escola de Música de Beade. No ano 1994 graba un C.D. coa Banda Municipal da Estrada con motivo do seu 125 aniversario. Con esta agrupación e coas corales Estradense e de Soutomaior, realiza varias grabacións para a televisión galega así como para a radio autonómica. No ano 1997 graba coa coral de Soutomaior o disco titulado “….por eso meu carro canta” . No ano 1999 graba coa Banda Municipal da Estrada “Troulada en Bos Aires”. En Decembro de 2003 a RTVGA realiza en directo o concerto de Ópera e Zarzuela que foi interpretado conxuntamente polas corales de Soutomaior e Estradense e con acompañamento da Banda Municipal. De esta grabación editouse un disco chamado “ Concerto de Ópera e Zarzuela” No ano 2009 sale a luz un segundo C.D. grabado en directo titulado “ Coros de Zarzuela”. No ano 2010 sale a luz un C.D. da coral polifónica Estradense interpretado a capella e con repertorio galego, chamado “ Cen Anos Hai”.




No terreo da composición caben destacar os seguintes pasodobles: “ Beade”, “ Ken Keirades” “ Xacobeo 99”. Tamén no aspecto vocal ten obras como “ Tembra un neno no Pórtico Húmido” letra de Rosalía de Castro, “ Cantar do berce”, etc. No ano 2003 compón “ Homenagem a Bartók Béla”, obra sinfónica estreada pola Orquestra Sinfónica de Viana do Castelo. No ano 2004 acaba “Miniaturas sinfónicas” obra para orquestra. Tamén no ano 2004 estrease “ Suite Galaica” obra composta para formación bandística e que foi peza obrigada no IV CERTAMEN PROVINCIAL DE BANDAS DE MÚSICA que organiza a Excma. Diputación Provincial de Pontevedra. No terreo de música de cámara compuxo “ Estampa Andaluza” e “ Fantasía”, obra que se estreará a principios do ano 2007 baixo a Dirección do mestre Maximino Zumalave. Tamén pon música o certame galego de Xóvenes solistas “José Valcarcel”, con unha obra de cámara para instrumentos de vento e piano titulada “ José Valcarcel”. No ano 2010 faise estrea de Nouturno, obra para orquestra de cámara e frauta solista. Tamén neste ano o cuarteto de corda “Saiva Nova”, graba o primeiro cuarteto de corda chamado “ Plenilunio”


Recibiú o premio “ San Martiño” no 1998 polo seu labor no campo da normalización lingüística e o premio “ Avelina Valladares” no ano 2004 en recoñecemento ó seu traballo en prol da cultura galega. No ano 2008 concédenlle o “Salmón de Ouro”, máxima distinción que outorga o Concello Estradense

Contacto: xabierpereiramartinez@gmail.com

  • Título da composición / Título de la composición
    A LAS NUBES
  • Título da composición / Título de la composición
    A MIÑA VOZ CARA O SEÑOR
  • Título da composición / Título de la composición
    BEADE ( pasodobre-marcha)
  • Título da composición / Título de la composición
    BREOGÁN DE BRINGANTIA
  • Título da composición / Título de la composición
    CANTAR DO BERCE
  • Título da composición / Título de la composición
    CEN ANOS HAI
  • Título da composición / Título de la composición
    Cinco Bagatellas
  • Título da composición / Título de la composición
    EL HERIDO
  • Título da composición / Título de la composición
    ESTAMPA ANDALUZA
  • Título da composición / Título de la composición
    Estampas Galegas
  • Título da composición / Título de la composición
    FANTASÍA
  • Título da composición / Título de la composición
    HOMENAGEM A BARTÓK BÉLA
  • Título da composición / Título de la composición
    ILLAS ATLÁNTICAS - Fantasía
  • Título da composición / Título de la composición
    JOSÉ VALCÁRCEL
  • Título da composición / Título de la composición
    KEN KEIRADES ( Pasodobre- marcha)
  • Título da composición / Título de la composición
    LA GRAN VÍA ( Arreglos)
  • Título da composición / Título de la composición
    MI CORAZÓN REPOSA CANSADO
  • Título da composición / Título de la composición
    MINIATURAS SINFÓNICAS
  • Título da composición / Título de la composición
    NOUTURNO
  • Título da composición / Título de la composición
    PADRENUESTRO
  • Título da composición / Título de la composición
    PLENILUNIO
  • Título da composición / Título de la composición
    RAMÓN CAMPOS ( Pasodoble)
  • Título da composición / Título de la composición
    ROMANZA
  • Título da composición / Título de la composición
    Siluetas Composteláns
  • Título da composición / Título de la composición
    SONIDERA
  • Título da composición / Título de la composición
    SUITE GALAICA
  • Título da composición / Título de la composición
    TEMBRA UN NENO NO PÓRTICO HÚMIDO
  • Título da composición / Título de la composición
    TONEMA
  • Título da composición / Título de la composición
    VARIACIÓNS SOBRE UN TEMA POPULAR
  • Título da composición / Título de la composición
    VENTOS DO SUR
  • Título da composición / Título de la composición
    VIGOLÍVICA
  • Título da composición / Título de la composición
    XACOBEO 99
  • Título da composición / Título de la composición
    XACOBEO 99 ( Pasodoble)
volver