COMPOSITORES
 
volver

Diz, Mario

Pontevedra, 1980

Mario Diz é un músico que desenvolve a súa carreira profesional vencellada a diversos proxectos; director da OUSC (Orquestra da Universidade de Santiago de Compostela), a cal dirixe desde o ano 2010. Como discípulo do mestre Antón García Abril, nos últimos anos leva a cabo unha intensa actividade compositiva para diferentes agrupacións profesionais e didácticas, entre as que, recentemente, destacan estreas absolutas nas Xornadas de Música Contemporánea organizadas polo CNDM e o encargo de *Tres Piezas Para Banda* por parte da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Compuxo diversas pezas para diferentes agrupacións de cámara, nas que merece unha mención especial a estrea e gravación por parte da laureada mezzosoprano Nuria Lorenzo da suite de nanas *Todos os Nenos Soñan* para a formación de Mezzo, Viola e Arpa.

Doutor en Educación pola Universidade de Vigo, actualmente é profesor de didáctica da expresión musical na Universidade de Santiago de Compostela. De 2008 a 2016, foi membro do equipo directivo da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, onde na actualidade tamén exerce como profesor de violín e viola. A súa paixón pola didáctica destes instrumentos reflíctese na publicación da metodoloxía *O Meu Primeiro Violín* para a iniciación en idades temperás, que inclúe máis de 20 pezas compostas expresamente para este obxectivo, así como en numerosos estudos comparados sobre as diferentes metodoloxías de ensino da corda fretada.

volver