COMPOSITORES
 
volver

Infante, Sofía Oriana

Santiago de Compostela (1989)

Sofia Oriana Infante Souto (Santiago de Compostela, 1989) é unha compositora transmoderna que actualmente reside na cidade de Ferrol.


Cursa os seus estudos no Conservatorio Superior 'Eduardo Martínez Torner' de Oviedo, especializándose na composición xeral e audiovisual, cunha investigación final das principais tendencias estéticas nos xoves compositores españois. Simultáneamente completa o grao en maxisterio, formándose así nas súas dous paixóns principais no 2013. Posteriormente cursa o Máster de educación, tamén na Universidade de Oviedo (2014) e o 'Master in composing for film and TV' (2015) na Kingston University de Londres, con distinción no seu proxecto final sobre o New York Times' 14 actors acting'. Acadou unha formación moi completa en Oviedo grazas a compositores coma Edson Zampronha, Jorge Carrillo, Fernando Blanco, Miguel Fernández e Fernando Agüeria, período no que tamén tivo a oportunidade de aprender de referentes coma Krzysztof Penderecki e Nico Muhly. 


Entre a súa produción musical atópanse obras variadas, tanto adicadas ó mundo audiovisual coma ó académico-contemporáneo. Aínda que é moi complexo etiquetar o seu estilo compositivo debido á súa diversidade, a composición multidisciplinar  e o interese pola representación dunha realidade transmoderna son as dúas liñas definitorias principais.


Obras estreadas durante o período de formación foron o Lied 'O cazador de libros' (2008) (Jose Manuel Yañez Carballeira e Maite Bárbara), poema homónimo de Ramiro Fonte, en Ferrol; 'Telestai' (2009) para a agrupación 'Tempo Catro' (Javier Cedrón, Suso Iglesias, Antonio Romero Cienfuegos e Andrés Pazos) no Teatro do Andamio en A Coruña e 'Se la están cepillando todos los días' (2013) para frauta, violín, guitarra eléctrica, fagot e electrónica en Oviedo.


Nos seus comezos no mundo da composición audiovisual, asiste ás gravacións de bandas sonoras do compositor, nominado ó Goya, Sergio Moure nas películas 'Todo es silencio' de Jose Luis Cuerda, e 'Time Rojak', de Isaac Kerlow, onde tamén é asistente de orquestración de Alejandro Román. 


Durante a súa estancia en Londres, recibe unha comisión da 'Kingston 3A Orchestra' pola composición de 'Panta Rhei', peza estreada en Kingston Upon Thames no 2015 dirixida por David Ward. 


Cabe destacar a asistencia ó curso do Festival Internacional Bergerault (2017) no que ten a oportunidade de recibir clases personalizadas de Alberto Bernal, Michael Maierhof e Yiran Zhao. Ademais, o contacto con percusionistas da talla de Lucía Carro, César Peris, Luis Tabuenca, Philippe Spiesser e Mika Takehara manteñen esperto nela o interese pola composición contemporánea real e virtual. Composicións resultantes deste contacto son 'Relative Time' (2017) e 'Backwards Tape' (2017) que se orientan nun estilo máis persoal.


Continuando a súa traxectoria profesional, escribe dúas pezas por encargo da Real Filharmonía de Galicia; 'In memoriam' (2019) adicada aos seus defuntos proxenitores and 'Gratulantes' (2021), inspirada en el Gratulantes celebremus festum do Códice Calixtino. Ambas pezas foron estreadas no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela con Paul Daniel coma director. Outra peza destacable é 'Cassandra 22' (2021), estreada no Teatro Colón na Coruña pola OSG Sinfonietta con Nacho de Paz dirixindo. 


Para o mundo audiovisual, escribe bandas sonoras para curtametraxes coma 'CARNE' (2019) de Camila Kater, 'Souvenir' (2019) de Cristina Vilches, 'Alina' (2021) de Néstor López e Óscar Romero, e 'Sandwich Cat' (2022) ou 'LUCUS' (2024) de David Fidalgo, entre outros. Tamén compón para largometraxes coma 'Elisa y Marcela' (2019) de Isabel Coixet, 'Justicia Artificial' (2024) de Simón Casal e 'Antes de Nós' (2024) de Ángeles Huerta.

 

En Xullo de 2022, doutórase en Historia do Arte e Musicoloxía coa súa Tesis "Intelixencia Artificial como ferramenta compositiva: AmperScore, AIVA, OrbComposer e Google Magenta" coa calificación Cum Laude. Paralelamente formou parte do equipo Pamp! que representou a Galicia no AI SONG CONTEST 2022 con 'AI-LALELO', quedando en segunda posición, e en 2023 con "Florespiña", acadando a terceira posición mundialmente.


Actualmente está traballando nunha serie de pezas con electrónica. 'RebuildingMi' (2021 - CONSMUPA - Oviedo) para fagot, piano e electrónica, 'Don't talk to me about that' (2024 - AETyB - Santiago de Compostela) para bombardino e electrónica, 'Translúcida Memoria' (2024 - Ferrol) ou 'Estudio para arpa e electrónica' (2024 - estrea próximamente), son exemplo desta liña compositiva.



  • Título da composición / Título de la composición
    Backwards Tape
  • Título da composición / Título de la composición
    Concierto para piano nº 1
  • Título da composición / Título de la composición
    Cuarteto de corda nº1
  • Título da composición / Título de la composición
    Elisa y Marcela (BSO)
  • Título da composición / Título de la composición
    Gratulantes (Encargo da Real Filharmonía de Galicia)
  • Título da composición / Título de la composición
    In Memoriam (Encargo da Real Filharmonía de Galicia)
  • Título da composición / Título de la composición
    Mars
  • Título da composición / Título de la composición
    O cazador de libros
  • Título da composición / Título de la composición
    Octofonía
  • Título da composición / Título de la composición
    Only Lights Inside
  • Título da composición / Título de la composición
    Os cervos
  • Título da composición / Título de la composición
    Panta Rhei
  • Título da composición / Título de la composición
    RebuildingMi
  • Título da composición / Título de la composición
    Relative Time
  • Título da composición / Título de la composición
    Se la están cepillando todos los días
  • Título da composición / Título de la composición
    Sou a impostora
  • Título da composición / Título de la composición
    Telestai
  • Título da composición / Título de la composición
    Translúcida memoria
  • Título da composición / Título de la composición
    Why not?
volver