COMPOSITORES
 
volver

Hermo, Iago

Rianxo (A Coruña), 1992

Iago Hermo é un deses artistas de Rianxo que atoparon na música a súa vocación. Hoxe en día desenvolve a súa actividade como compositor, pianista e director nos Países Baixos (onde reside), logo de anos de formación en Rianxo, escola de múisca onde comezou, pasando polos conservatorios de Santiago de Compostela e de A Coruña.

Entre as distintas agrupacións coas que colaborou destacan os ensembles de música contemporánea Ensemble IXOR, Vertixe Sonora Ensemble, Ensemble 88 (Países Baixos) e o 4+1 Piano Ensemble, grupo de piano experimental fundado polo propio compositor. En canto a grandes agrupacións, destacar a súa colaboración coa Banda Municipal de Música de A Coruña, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música, a orquestra de ópera do Conservatorium Maastricht (Países Baixos) e a Sinfonieorchester Aachen (Alemaña).

Participou en festivais como o II Ciclo de Música Contemporánea MIHL Sons-XXI de Lugo, o Espazo IXOR na Coruña, as II Xornadas de Música Contemporánea de Santiago de Compostela, o ciclo “Do Audible” xunto ao Vertixe Sonora Ensemble, a Night of Classical Music e a Night of Contempmorary Music en Maastricht.

Actualmente reside nos Países Baixos, onde estuda simultaneamente dous másters en Composición Musical e Dirección de Música Contemporánea no Conservatorium Maastricht (becado pola Fundación SGAE), e un terceiro máster en Servizos Culturais pola Universidade de Santiago de Compostela. Recupera a súa actividade de profesor de piano en Maastricht e Amsterdam, a cal levou a cabo previamente durante 5 anos na Escola de Música de Rianxo e 2 anos na Asociación Músico-Cultural “Solfa”. Entre os proxectos actuais atópanse impartir talleres de ópera en Rianxo e Amsterdam, a composición de diversas obras para encargos en Galicia, Bélxica e os Países Baixos, así como a creación da súa ópera multimedia “Cidade sen luz” co apoio da Stichting Maastricht Cultural Entrepreneurship

volver