COMPOSITORES
 
volver

Rodríguez Gil, Gloria

Vigo (Pontevedra), 1972

Conta cos títulos Superiores de Solfexo, Piano e Música de Cámara obtidos no Conservatorio Superior de Música de Vigo; e o Superior de Composición e Orquestración no Conservatorio Superior de Música de Barcelona.

Ampliou os seus estudos de composición durante dous anos co profesor José Luis de Delás e tres con Albert Sardá.

Recibiu clases maxistrais de compositores tales como Helmut Lachenmann, Toshio Hosokawa, Dieter Mak, Michael Reudenbach, Adriana Hölszky, Beat Furrer, Georges Aperghis, Mark André, Mauricio Sotelo, Jesús Rueda, Salvatore Sciarrino, Joan Guinjoam, Josep Soler, Cruz de Castro, Alfredo Aracil, Salvador Brotons, Consuelo Díez, Gonzalo de Olavide, David Padrós, Cesar Cano, Xavier Darias, Xavier Benguerel, Tomás Marco, Carles Guinovart, Ramón Barce, Eduardo Polonio, Jesús López López, Enric Ferrer, Roberto Sierra, Jose María Laborda, Edson Zampronha, Cristophe Havel ou Horacio Vaggione.

Estreou unhas corenta composicións, catorce retransmitidas pola Radio Nacional de España, Radio Voz e Radio Televisao Portuguesa. Sete están editadas en Periferia Sheet Music, cinco en Dos Acordes e sete polo Consello da Cultura Galega.

Os principais intérpretes que as estrearon son Grupo Sitges 94, Tactum, Ensemble Siglo XXI, Taller Atlántico Contemporáneo, Século XX, Zorcico Binario, Enxemble Verxel, Trío Kulmann, dúo Cantinela, Ludovica Mosca, Diego Fernández Magdaleno, Nicasio Gradaille, David Robles Pacho, Alejo Amoedo, Severino Ortiz, Rasa Biveiviene, Marta Sancho, Uxío Pazos, Fernando Raña, Margarita Escarpa, Ramón Carnota, Bárbara Vignudelli, Marta Fiol, Enrique A. Martínez e Jose Antonio Campo. Actualmente dúas pezas para guitarra forman parte dos concertos “Retrato de muller” que diseñou o guitarrista Samuel Diz co motivo do centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán, e tamen grabadas dentro do proxecto da axencia e editorial Poliédrica (Xacobeo 2021-22) baixo o título “Músicas inéditas en casas literarias”, e subidas como tal ao canal de spotify.

Tamen formou parte de pre-teses ou traballos de master como os da guitarrista Pilar Rius Fortela (Universidad Autónoma de Madrid), a pianista Alba Real (ESMUC de Barcelona), o clarinetista Alberto Aneiros (Conservatorio Superior de Música de A Coruña), ou as frautistas Maite Aguilar e Marian Bellot (investigación para o ISEA).

Entre os anos 2004 e 2008 destacou como organizadora de concertos ou xornadas de música contemporánea.

Actualmente forma parte da Asociación de Mujeres en la Música (AMM), e imparte clases de linguaxe musical, labor que disfruta enormemente, no Conservatorio Profesional de Música de Vigo.

  • Título da composición / Título de la composición
    210, 215 e 220
  • Título da composición / Título de la composición
    Airiños
  • Título da composición / Título de la composición
    Alshiwaq
  • Título da composición / Título de la composición
    Amor

    B-A

    Chipude
  • Título da composición / Título de la composición
    Cidade do Sul
  • Título da composición / Título de la composición
    El Ángelus
  • Título da composición / Título de la composición
    Fourth Filal
  • Título da composición / Título de la composición
    Galicia: treboada
  • Título da composición / Título de la composición
    Haikus para Avelina
  • Título da composición / Título de la composición
    Ihra

    Indra

    Karma

    Klavierstücke 1
  • Título da composición / Título de la composición
    Klavierstücke 2
  • Título da composición / Título de la composición
    Marsanan
  • Título da composición / Título de la composición
    Mi

    Mir 5

    Nada

    Oia

    Ór

    Preto:sen afán
  • Título da composición / Título de la composición
    Rehabilitación no lavadoiro de Ribeira
  • Título da composición / Título de la composición
    Rha

    Rictus
  • Título da composición / Título de la composición
    Shalom Aleichem
  • Título da composición / Título de la composición
    Slero

    Tami

    Todo

    Unión
volver