COMPOSITORES
 
volver

García Ríos, Ermitas

Cedeira (A Coruña), 1973

Comeza os seus estudios de Harmonía e Contrapunto con R. Rodríguez Camacho. No ano 1998 obtén a titulación superior de Solfexo e Teoría da Música no Conservatorio Superior de Música da Coruña. Ese mesmo ano trasládase a Suiza para cursar no conservatorio Superior Winthertur-Zürich a especialidade de Musiktheorie co profesor Gerald Bennett, realizando diferentes traballos de investigación e composición, onde permanece ata abril do ano 2002. Ó mesmo tempo completa a súa formación participando nas aulas dos profesores F. Baumann, A. Nick, D. Glaus, T. Müller, H. Wüthrich, M. Steinauer e P. Wettstein; ademais dos foros e actividades organizadas polo departamento de Teoría da Música e Composición, con L. Berio, D. Schnebel, Ch. Czernowin, E. Nunes ou J. C. Risset, entre outros. Así mesmo asiste e participa como poñente en seminarios organizados polo departamento de Musicoloxía da Universidade de Zürich, baixo a tutela do profesor H. J. Hinrichsen.

 

Xa en Galicia, durante o curso 2002-2003, imparte clases de Harmonía, Análise e Contrapunto na Escola de Música Berenguela, en Santiago de Compostela. No curso 2003-2004 comeza a dar aulas en conservatorios públicos, en Ferrol e Vigo, e no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, durante o curso seguinte. Desde o ano 2005 é profesora de Fundamentos de Composición, Harmonía e Análise no Conservatorio Profesional de Música “Xan Viaño” de Ferrol, onde desde o 2006 compatibiliza a labor docente coa Xefatura de Estudos.

 

O seu catálogo autorizado non é moi extenso pero si variado pois abrangue obras para piano Dúas pezas para piano, acordeón Arrolo, Sonatina, tamén para conxunto de cámara, como Cinco intreslúdicos  para clarinete, violín e piano (trío) ou clarinete, violín, violoncello e piano (cuarteto), para voz e piano como Tres cancións sobre textos de Pessoa. A mayoría destas obras xurdiron como encargo de instrumentistas que buscan repertorio para as súas agrupacións. O catálogo inclúe obras de tendenzas diferentes, rasgo característico do eclecticismo postestructuralista. Cada peza é creada cunha estética propia polo que para cada unha se aprecia o uso de linguaxes diferentes. Unha experiencia vital, unha persoa, un canon de proporcións… case todo pode servir de inspiración. As adaptacións e composicións propias para espectáculos infantís Paxaro de Lume, A caixa de música son proxectos levados a cabo coa compañía de títeres “Viravolta” e froito do interese pola pedagoxía e as actividades que impliquen achegar aos máis pequenos ao mundo da música.

 

 

 

  • Título da composición / Título de la composición
    A caixa de música
  • Título da composición / Título de la composición
    Adaptación para función de títeres 'O paxaro de lume'
  • Título da composición / Título de la composición
    Arrolo
  • Título da composición / Título de la composición
    Cinco intreslúdicos
  • Título da composición / Título de la composición
    Cinco pequenas pezas
  • Título da composición / Título de la composición
    Dúas pezas para piano
  • Título da composición / Título de la composición
    Pasacalle
  • Título da composición / Título de la composición
    Sonatina
  • Título da composición / Título de la composición
    Tres cancións sobre textos de Pessoa
volver