ACTIVIDADES
Coñeza as actividades que organiza a Asociación Galega de Compositores, AGC e as novas relacionadas cos seus membros. Conozca las actividades que organiza la Asociación Gallega de Compositores, AGC y las noticias relacionadas con sus miembros.
volver

Voz e piano. Concerto colaboración FAIC e AGC

Data inicio / Fecha inicio

15 de decembro de 2012, 20:00

Lugar / Lugar

Salón de actos da Escola de Artes Escénicas de Ourense. Rúa da Canle 4.

Intérpretes / Intérpretes

Iria Cuevas, mezzosoprano Teresa Novoa, soprano Alejo Amoedo, piano

Composicións / Composiciones

Primeira parte
Iria Cuevas, mezzosoprano; Alejo Amoedo, pianista.

Durme meu neno*
Letra: Esther López Castro. Música: Juan Pérez Berná.

Vella sombra que se incéndia no verso*
Letra: Miguel Anxo Fernán-Vello. Música: Paulino Pereiro.

Sola
Letra: Anna D´Ax. Música: Domènec González de la Rubia.

Haikus a Avelina*
Letra: Román Raña. Música: Gloria Rodríguez Gil.

Dos canciones Leonesas:
I. La flor del romero
II. No se va la paloma
Letra: popular. Música: Jesús Ángel Rodríguez Recio.

Campanas de Bastabales*
Letra: Rosalía de Castro. Música: Manuel Alejandre Prada.

Si fueras un crisantemo
Letra: Antonio Carvajal. Música: Antón García Abril.

Segunda parte
Teresa Novoa, soprano; Alejo Amoedo, pianista.

Oigo fuera la lluvia
Letra: Antonio Carvajal. Música: Antón García Abril.

Es la tierra de Soria
Letra: Antonio Machado. Música: Jesús Ángel Rodríguez Recio.

Negación de Ulises e Teseo*
Letra: Miro Villar. Música: Miguel Brotóns.

Hai unha voz*
Letra: Luz Pozo Garza. Música: Gabriel Bussi.

Bagoíña de nena*
Letra: Enríque Jiménez. Música: Carlos Cambeiro.

MariNana
Letra: Julio Montero. Música: Julio Montero.

En Cornes*
Letra: Rosalía de Castro.Música: Octavio Vázquez.

O mar*
Letra: Manuel Leiras Pulpeiro. Música: Margarita Viso Soto.

*Estreno


Presentación / Presentación

FAIC é a Federación de Asociacións Ibéricas de Compositores, constituída en Valencia o 26 de setembro de 2012, e inscrita no Rexistro Nacional de Asociacións do Ministerio do Interior o 13 de xuño de 2011, Grupo 1, Sección 2ª, Número Nacional 51014. Na acta fundacional figuran as seguintes asociacións: ACC (Associaciò Catalana de Compositors), COSICOVA (Compositores Sinfónicos Valencianos), CIMMA (Asociación de Compositores e Investigadores de la Región de Murcia), AMCC (Asociación Madrileña de Compositores), ACEX (Asociación de Compositores de Extremadura), PROMUSCAN (Asociación para la Promoción de la Música en Canarias), COSIMTE (Asociación de Compositores Sinfónicos y Musicólogos de Tenerife), ACIM (Asociación de Compositores e Intérpretes Malagueños), MUSIKAGILEAK (Asociación Cultural para el Fomento de la Composición Vasca), AGC (Asociación Galega de Compositores). A principal finalidade da FAIC é establecer lazos de comunicación entre os compositores das distintas asociacións ibéricas e difundir o traballo e as actividades dos seus socios.
O primeiro ciclo de concertos estáse levando a termo nestes últimos meses do ano 2012 en Catalunya, Murcia, Euskadi, Canarias, Extremadura, Madrid e Galicia, correspondendo á asociación “anfitriona” a organización do concerto correspondente.

É o caso do concerto que hoxe se presenta. Nel ocupan unha meirande parte os compositores da AGC, pero están incluidos compositores da FAIC. É o caso de Domènec González de la Rubia, da ACC e presidente de FAIC; Jesús Ángel Rodríguez Recio, de PROMUSCAN; e Antón García Abril de AMCC.
Os intérpretes son para os compositores os taumaturgos que fan posible a nosa música. Dende a organización do concerto só colle agradecer aos intérpretes a súa solícita colaboración en todo momento, así como a súa disposición hacia a nosa música. Especialmente si son personalidades destacadas como é o caso de Teresa Novoa, profesionais veteranos como Alejo Amoedo. Pero tamén é unha aposta polo futuro a presencia hoxe da xoven promesa Iria Cuevas.
É obligado agradecer á Escola de Artes o acollimento que proporcionan a este acto e todas as facilidades prestadas.
Finalmente, o elemento imprescindible, o público, a quen vai dirixido o noso traballo, e que nos presta o seu tempo e atención: ¡muitas gracias pola súa asistencia!

volver