Composicións / Composiciones
O Concerto a desenvolver na Coruña o 28 de xullo de 2010, no Auditorio do Conservatorio Profesional trátase do
Programa 4 dos 4 de que consta o ciclo XIV da AGC. Titúlase Formacións hetereoxéneas na música de cámara galega actual e inclúe obras para formacións non estandarizadas nas que a percusión ten un moi relevante papel. Como os dous programas anteriores inclúe unha obra vocal sobre texto galego neste caso de poetisa Pilar Cibreiro.
(No programa de man figura foto e curricula dos intérpretes).
Neste concerto interprátanse obras de:
Karolis Biveinis,
Carlos Cambeiro,
José Javier Ces Calvo,
Javier Mª López Rodríguez,
Julio Montero,
Gloria Rodríguez Gil,
Eligio Vila e
Margarita Viso.
O Concerto a desenvolver en Ourense o 13 de marzo de 2010, no Conservatorio Profesional trátase do
Programa 3 dos 4 de que consta o ciclo XIV da AGC. Titúlase O quinteto de vento con piano na creación galega actual. Inclúe obras para grupo de vento tanto en formación de quinteto como outras, algunhas delas coa incorporación do piano, a maior parte delas estreas absolutas. Este programa finaliza cunha obra vocal para unha formación pouco habitual; trátase das Cancións para soprano, trompa e piano sobre textos tradicionais galegos da compositora Margarita Viso.
(No programa de man figura foto e curricula dos intérpretes).
Neste concerto interprátanse obras de:
Julio Montero
Manuel Alejandre,
Pablo Beltrán,
Gloria Rodríguez Gil,
Javier María López Rodríguez,
José Javier Ces Calvo,
e Margarita Viso.
O Concerto a desenvolver en Lugo o 13 de marzo de 2010, no Conservatorio Profesional trátase do
Programa 2 dos 4 de que consta o ciclo XIV da AGC. Titúlase Panorama do teclado galego contemporáneo e inclúe obras para piano, a maior parte delas estreas absolutas. Está a cargo da súa realización o pianista coruñés Javier Vázquez Grela que presentou parte deste programa nun concerto que ofreceu o pasado 28 de novembro na Sala de Concertos do Conservatorio de Utrech.
(No documento adxunto figura o curriculum do pianista Javier Vázquez Grela).
Neste concerto interprátanse obras de:
Juan Pérez Berná (adicada ao propio Javier Vázquez Grela)
Paulino Pereiro
Juan Durán
Pablo Beltrán
Julio Montero
Xoán Antón Vázquez Casas
Fernando Alonso
Pontevedra, 5 de febreiro de 2010, Conservatorio Profesional.
Programa B: Panorama do cuarteto e quinteto de corda galego contemporáneo. Inclúe obras para a formación estrela da música de cámara a maior parte delas estreas absolutas. Pecha o programa una obra de Paulino Pereiro para voz e cuarteto de corda O cántico da fonte con sobre texto de Cesáreo Sánchez Iglesias.
Neste Concerto interpretaranse obras de:
Juan Durán, Julio Montero,
Juan Pérez Berná,
Gabriel Bussi,
Eligio Vila,
Manuel Alejandre,
e Paulino Pereiro
Presentación / Presentación
Programa 1.
Panorama do cuarteto e quinteto de corda galego contemporáneo
Alba López Trillo (soprano) e
Grupo Instrumental Século XX, Florián Vlashi (director).
Pontevedra, Auditorio do Conservatorio Profesional,
6 de febreiro de 2010, 20:00 horas.
Programa 2.
Panorama do teclado galego contemporáneo
Javier Vázquez Grela (piano).
Lugo, Auditorio do Conservatorio,
13 de marzo de 2010, 20:00 horas
Programa 3.
O Quinteto de vento na creación galega actual
Alba López Trillo (soprano)
Juan Manuel Varela Louro (piano)
Quinteto de vento “Pentafonía”
Ourense, Audotorio do Conservatorio Profesional de Música,
30 de abril de 2010, 20:00 horas.
Programa 4.
Formacións hetereoxéneas na música de cámara galega actual
Mª José Ladra (mezzosoprano)
Ensemble s21
A Coruña, Auditorio do Conservatorio Profesional de Música
28 de Xullo de 2010, 20:00 horas