ACTIVIDADES
Coñeza as actividades que organiza a Asociación Galega de Compositores, AGC e as novas relacionadas cos seus membros. Conozca las actividades que organiza la Asociación Gallega de Compositores, AGC y las noticias relacionadas con sus miembros.
volver

Estrea da obra colectiva Variacións sobre un alalá encargo de Florián Vlashi. Santiago, 2008.

Presentación / Presentación

Florián Vlashi, violinista e director do Grupo Instrumental Siglo XX, para conmemorar a décimo aniversario deste conxunto propuso á AGC unha composición colectiva. O resultado foi Variacións sobre un alalá (2007), que inclúe 12 variacións cada unha delas realizada por Paulino Pereiro, Margarita Viso, Manuel Alejandre, Juan Pérez Berna, Ricardo Biveinis, Xavier de Paz, Julio Montero, Juan Vara, Juan Durán, Wladimir Rosinskij e Jesús Villa Rojo. Vlashi incluíu un minuto de silencio como variación 8, en homenaxe a Manuel Balboa e que titulou (Manuel Balboa, na súa lembranza). Esta composición foi estreada polo dedicatario e inspirador da mesma o 5 de xullo de 2008 no Salón Teatro de Santiago de Compostela, no marco do “Festival Vía Stellae”.

volver