COMPOSITORES
 
volver

Viso Soto, Margarita Mónica

A Coruña, 1957

Formación académica

Realiza os seus estudios no Conservatorio Profesional de Música y Declamación de A Coruña: de piano con Jeannette Romero, de harmonía e contrapunto con Rogelio Groba. Amplía coñecimentos con Mª Luisa Nache (canto), José Ferrer (trompa), Carlos López García Picos (composición), Eva Alcázar, Edith Picht-Axenfeld e Noemí Novara (piano).

 

Traxectoria artística

Interesada en varios campos musicais, desenvolveu labor como compositora, pianista acompañante, musicóloga e editora de música.

Exerceu como pianista acompañante na danza e no canto. Así mismo ten realizado concertos acompañando a diversos instrumentistas. A súa actividade neste campo incide principalmente no repertorio da música galega e española.

Como musicóloga ten investigado principalmente sobre compositores galegos, destacando o seu traballo sobre a figura de Marcial del Adalid.

Consonte co anterior crea a editorial VISO adicada á publicación de música de autores galegos.

 

Traxectoria laboral

Exerceu como pianista acompañante á danza no Estudio de Artes Coreográficas de A Coruña.

Exerceu como profesora de Solfexo e Teoría da Música nos Conservatorios de Zaragoza, Ponferrada e A Coruña.

Actualmente exerce como pianista acompañante ao canto no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña.

  • Título da composición / Título de la composición
    A Paisaxe (Poza de auga, Pimpíns, Paporroibo real)
  • Título da composición / Título de la composición
    Ausencias, ciclo de cinco cantigas de amigo
  • Título da composición / Título de la composición
    Cancións para voz, trompa e piano, sobre temas populares galegos
  • Título da composición / Título de la composición
    Cúmulo
  • Título da composición / Título de la composición
    Diferencias sobre as folías de España
  • Título da composición / Título de la composición
    En-re-do
  • Título da composición / Título de la composición
    Fantasía para catro trompas
  • Título da composición / Título de la composición
    Little Suite
  • Título da composición / Título de la composición
    Nilal
  • Título da composición / Título de la composición
    Os soños na gaiola (Caracol, A Lúa, O Lobo, O Arco da vella, Señor Gato, Anduriñas)
  • Título da composición / Título de la composición
    Sonatina
  • Título da composición / Título de la composición
    Tiento para orquestra
  • Título da composición / Título de la composición
    Trío para trompas
volver