COMPOSITORES
 
volver

Rodríguez Pena, Sergio

Bandeira (Pontevedra), 2000


Comeza os seus estudos de óboe na Escola da Banda de Música Recreativa e Cultural da Bandeira da man de Benxamín Otero á idade de 8 anos. No ano 2019 rematou os estudos de Grao Profesional no Conservatorio Profesional de Lalín obtendo o Premio fin de grao co mestre Benxamín Otero. Actualmente estuda o Grao Superior no Conservatorio Superior de A Coruña co mestre Ismael Vaquero. Realizou cursos de técnica e perfeccionamento con oboístas da talla de José Antonio Masmano, David Villa, Roberto Baltar, Tania Ramos, Daría de Lamo, Lorena Varela, Avelino Ferreira, Tamara Rodríguez, Sara Fernández ou Carla Suárez.


É membro da Banda de Música Recreativa e Cultural de Bandeira, ao mesmo tempo que colabora con diferentes agrupacións dentro da xeografía galega.


Estivo baixo a batuta de Miguel Rodríguez Barrio, Bram Sniekers, Roberto Hermida Rey, Víctor Manuel Vilariño Salgado, Javier González Borrajo, Isabel Mª Rubio Molina, Manuel Paino, Mario Diz Otero, José Lodeiro Gesto, José Luis Quintás Carreira, José Miguel Franqueiro Becerra, Raúl Martín Niñerola, Massimiliano Legnaro, Roberto Bodí López, David Fiuza Souto, Martín Baleirón Frieiro, Javier Viceiro Filgueira, Braulio Manuel Cao Ledo e Ferrer Ferrán.


No eido da dirección recibiu clases de Miguel Rodríguez Barrio, Bram Sniekers, Isabel Mª Rubio Molina e David Fiuza Souto. Tamén asistiu a cursos, encadrados no II Seminario de Dirección organizado pola Banda de Música de Pontevedra cos mestres Miquel Rodrigo Tamarit e Frank de Vuyst. Actualmente cabe destacar que é o director da Banda Xuvenil de Bandeira.


Recibiu un curso de introdución á tecnoloxía, mantemento e reparación de instrumentos de vento madeira impartido polo mestre Pablo Pascual Alonso.


No mundo da composición comezou de forma autodidacta, mais débelle unha parte importante dos seus coñecementos a Manuel Paino e Fernando Buide, das cales recibiu clases. No mesmo campo asistiu a masterclasses  con reputados mestres coma Fernando Ferrer, mellor coñecido como Ferrer Ferrán ou Andrés Valero-Castells. As súas obras foron estreadas e tocadas en diferentes puntos da xeografía galega e española. Destacan a publicación da obra Seis cadros para óboe só, editada pola editorial Dos Acordes e Rosalía (muiñeira composta con Xanxo Rei), editada pola Asociación Nacional de Directores de Banda (ANDB). Entre os premios recibidos destacan o primeiro premio acadado no V Concurso Sintonía Romántica convocado polo IES Ramón Mª Aller Ulloa (Lalín) destinado a alumnos de Secundaria e Bacharelato de toda España e o premio ex aequo do I Premio de Composición da USC en 2017. No mesmo ano pasou a formar parte da Asociación Galega de Compositores.

  • Título da composición / Título de la composición
    1982, Op. 1
  • Título da composición / Título de la composición
    A lenda de Carboeiro, Op. 10
  • Título da composición / Título de la composición
    Alén, Op. 17
  • Título da composición / Título de la composición
    Anda pa diante! - marcha de pasarrúas, Op. 14
  • Título da composición / Título de la composición
    Ara Solis, Op. 21
  • Título da composición / Título de la composición
    Capriccio Galaico, Op. 8
  • Título da composición / Título de la composición
    Carbia - pasodobre, Op. 37
  • Título da composición / Título de la composición
    Conxunto, Op. 2a
  • Título da composición / Título de la composición
    Conxunto, Op. 2b
  • Título da composición / Título de la composición
    Cuarteto deBiselas, Op. 24
  • Título da composición / Título de la composición
    Escuadrian Overture, Op. 22
  • Título da composición / Título de la composición
    Fanfarra Videoghit
  • Título da composición / Título de la composición
    Fantasía para banda xuvenil, Op. 30
  • Título da composición / Título de la composición
    Fantasía para óboe (ou clarinete) e piano, Op. 7a e 7b
  • Título da composición / Título de la composición
    Fiuza's Overture, Op. 34
  • Título da composición / Título de la composición
    Icía Rial - pasodobre, Op. 27
  • Título da composición / Título de la composición
    Inferno, Op. 18
  • Título da composición / Título de la composición
    La Danse, Op. 26
  • Título da composición / Título de la composición
    Lavandeira - pasodobre galego, Op. 33
  • Título da composición / Título de la composición
    Memorias dun can de palleiro, Op. 6
  • Título da composición / Título de la composición
    Muiñeira da Empanada, Op. 19
  • Título da composición / Título de la composición
    Nasín cando as prantas nasen, Op. 28a
  • Título da composición / Título de la composición
    Nasín cando as prantas nasen, Op. 28b
  • Título da composición / Título de la composición
    Pequeno quinteto de metais, Op. 3
  • Título da composición / Título de la composición
    Poemas para Neira Vilas, Op. 20
  • Título da composición / Título de la composición
    Rosalía - muiñeira, Op. Col. 1
  • Título da composición / Título de la composición
    Saltarello, Op. 23
  • Título da composición / Título de la composición
    Seis cadros, Op. 11
  • Título da composición / Título de la composición
    Somos, Op. 38
  • Título da composición / Título de la composición
    Sonata DasRodríguez, Op. 13
  • Título da composición / Título de la composición
    Suite fantástica, Op. 4
  • Título da composición / Título de la composición
    Tres imaxes para fagot, Op. 35
  • Título da composición / Título de la composición
    Variacións Galaicas, Op. 32
  • Título da composición / Título de la composición
    Viva Saltrio! - pasodobre, Op. 29
  • Título da composición / Título de la composición
    Xanxo - pasodobre, Op. 9
  • Título da composición / Título de la composición
    Zaizan - pasodobre, Op. 12
volver