COMPOSITORES
 
volver

Rodríguez Gil, Gloria

Vigo (Pontevedra), 1972

Gloria Rodríguez Gil conta cos títulos Superiores de Solfexo, teoría, transposición e acompañamento, Piano e Música de Cámara obtidos no Conservatorio Superior de Música de Vigo. No Conservatorio Superior de Música de Barcelona obtén o título Superior de Composición e Orquestración.

Estudiou composición durante dous anos co profesor José Luis de Delás (profesor de teoría e composición no Conservatorio de Colonia, así como director de Improvisación do Departamento Musical da Universidade de Bonn, e Premio de Composición en 1995 polo Ministerio de Cultura Español), e durante tres con Albert Sardá (presidente da Fundación de Música Contemporánea, fundador da Asociación Catalana de Compositores, e recoñecido compositor). Ademais estudiou orquestración co profesor Joám Trillo (fundador da Xoven Orquestra de Galicia en 1988).

Asistiu aos cursos IX, X, XII, XIII, XIV e XV de Composición do Século XX-XXI, onde recibiu clases maxistrais de diversos compositores tales como Albert Sardá, Mauricio Sotelo, Jesús Rueda, Joan Guinjoam, Josep Soler, Cruz de Castro, Alfredo Aracil, Salvador Brotons, Consuelo Díez, Gonzalo de Olavide, David Padrós, Cesar Cano, Xavier Darias, Xavier Benguerel, Tomás Marco, Carles Guinovart, Ramón Barce, etc.

Ademais, asistiu a dous cursos de Grafías do S.XX impartidos por Ludovica Mosca e Martine Joste respectivamente, a un monográfico sobre Helmut Lachenmann impartido por el mesmo, e a un sobre Paisaxes sonoras dende o século XX impartido por Jose María Laborda e Edson Zampronha.

Foi seleccionada para asistir ó Encontro de Composición en Málaga, a través da INJUVE, onde recibiu clases de Salvatore Sciarrino, Beat Furrer, Mauricio Sotelo, Roberto Sierra, Jesús Rueda e Tomás Garrido. Tamén foi escollida para asistir ó 43 Curso Internacional de verán para Nova Música en Darmstadt, onde recibiu clases maxistrais de diversos compositores tales como Helmut Lachenmann, Toshio Hosokawa, Dieter Mak, Michael Reudenbach, Adriana Hölszky, Beat Furrer, Georges Aperghis e Mark André.

Fóra do campo da composición, realizou outros moitos cursos con personalidades destacadas como Jos Wuytack, Verena Maschat, Fernando Palacios, Arpad Bodó, Brenno Ambrosini, José Orozco, Manel Camp, Almudena Cano, Luis de Moura, Sarabela Teatro, Emilio Molina, Julios Andrejevas, Rimas Zdanavicius, etc. Asiste a un curso de montaxe teatral cunha duración de 600 horas en total (curso 2007/08), con Roberto Cordovani e Eisenhower Moreno (Teatro Arte Libre).

Estreou un total de vintetres composicións, dezaseis das cales foron gravadas en CD, nove retransmitidas pola Radio Nacional de España (Radio Clásica), dúas retransmitidas  por Radio Voz e outra pola Radio Televisao portuguesa. Catro das súas composicións foron editadas en Periferia Sheet Music, e unha en Agra Nova, editorial financiada polo IGAEM (institución pública). Tres das súas creacións foron galardoadas co recoñecemento de IBLA Grand Prize (New York). Realizou a banda sonora para o corto de animación Bieito Dubidoso, dirixido por Roque Cameselle.

Mostra do seu recoñecemento como compositora é a entrevista publicada na revista bimestral catalana La Porta Clássica  (número 5).

Tamén destaca como organizadora de concertos e eventos culturais. Organizou o concerto didáctico de música contemporánea en Goian (verán de 2004), así como súas edicións (2005) nos conservatorios de música de Lugo e de Santiago de Compostela, así como no Ateneo de Barcelona. Nese mesmo campo, organizou as primeiras xornadas de música contemporánea en Gondomar no verán 2005, que incluíron dous concertos con cinco estreas mundiais cada un, e unha charla sobre o concepto de música, música e tempo, e o pracer na música por Albert Sardá. En Febreiro de 2006 organizou un recital de piano con música contemporánea española no auditorio Caixanova de Vigo, co pianista Diego Fernández Magdaleno, e repetido posteriormente no Conservatorio de Lugo.

Actualmente traballa no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

  • Título da composición / Título de la composición
    B-A
  • Título da composición / Título de la composición
    Cidade do Sul
  • Título da composición / Título de la composición
    Galicia: treboada
  • Título da composición / Título de la composición
    Karma
  • Título da composición / Título de la composición
    Klavierstücke 1
  • Título da composición / Título de la composición
    Klavierstücke 2
  • Título da composición / Título de la composición
    Mir 5
  • Título da composición / Título de la composición
    Rehabilitación no lavadoiro de Ribeira
  • Título da composición / Título de la composición
    Slero
volver