COMPOSITORES |
|
volver
Berdullas del Río, Jorge
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 1960
Pese a nacer en Vilagarcía, a moi curta idade a súa familia traslada a residencia a A Coruña. Aos 15 anos atópase na obriga de compaxinar os seus estudios musicais cun arduo e difícil traballo no sector do metal, que simultanea durante sete anos. Estudia percusión, harmonía, contrapunto e fuga nos conservatorios de A Coruña, Santiago e Madrid, obtendo o título de Profesor de Música. En paralelo realiza diferentes cursos de perfeccionamento.
Tras dirixir diversas masas corais, no ano 1985 consolídase como músico profesional ao aprobar, mediante oposición libre, unha praza de percusionista na administración pública.
En 1986, xunto con varios xoves compositores cuns fortes ideais, funda o grupo de música contemporánea TALEA (grupo instrumental libre no que se plasma/propón o concepto de música nova), o que considera xerme da Asociación Coruñesa de Compositores (na actualidade inexistente) e da Asociación Galega de Compositores (AGC), da que tamén foi socio co-fundador en 1987 e formou parta da súa primeira xunta directiva como secretario.
Segundo o autor, o grupo Talea, resume as bases da súa ideoloxía musical, aínda vixente na actualidade, pese ao paso dos anos. Nelas se reflexaba a intención de ocupar o espacio baleiro existente no ámbito musical galego dentro da música contemporánea e das novas formacións instrumentais. Este grupo xurdiu como un laboratorio de experiencias musicais novas, e como compromiso coa verdade dunha sociedade cambiante e diversa cuxos conductos de expresión musical son múltiples e cambiantes. En definitiva, tratábase de ser a porta de expresión de novos artistas e compositores coruñeses e galegos, nun intento de converterse na forza de choque en contra das ataduras dunha tradición e dogmatismo musical, que en moitas ocasións os asoballaban sen permitirlles ver con claridade as necesidades dunha expresión musical nova e acorde coa realidade social.
Na súa faceta compositiva cómpre salientar que no ano 1988 iniciou unha investigación sobre criterios compositivos propios, desenrolando conceptos como “densidades factuais” e cálculos de cocientes en “Espacios parciais” nunha busca dunha linguaxe propia, na que cobran especial importancia as estructuras matemáticas aplicadas á linguaxe musical, creando así partituras nas que se aprecia unha complexidade de texturas pouco común. Segundo Villar Taboada (VILLAR TABOADA, Carlos, citado en GARCÍA BALADO, Ramón “Jorge Berdullas, a loita entre o tempo e o espacio”. En: El Correo Gallego, 22-04-2001. pp 9), “A traxectoria de Berdullas é unha busca inesgotable dun sistema musical científico e persoal, cun claro afán por alzar unha voz propia e independente das principais correntes e grandes mestres”, que o converte, atendendo ás verbas do escritor e crítico musical Paco Yáñez: “Nun caso único na escena musical galega e un dos compositores mais persoais e arriscados da música contemporánea a nivel mundial nas últimas décadas. Como compositor, a súa obra caracterízase pola incesante busca e desenvolvemento, nun proceso que cos anos gañou un peso estrutural difícil de igualar no presente” (YÁÑEZ, Paco. Via Stellae III Festival de Música de Compostela e os seus camiños. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. Consellería de Innovación en Industria. Dirección Xeral de Turismo, 2008, pp.381).
O peculiar traballo deste autor fai que teña artigos dedicados á súa obra en publicacións da envergadura da Gran Enciclopedia Gallega, a Enciclopedia Universal de Galicia, e o Diccionario da Música Española e Hispanoamericana, entre as de fala hispana e no ámbito internacional podemos atopar reseñas sobre a súa vida e obra no "International Who's Who in music and musicians" Directory (Cambridge), e no American Biographical Institute. Tal é a singularidade das súas composicións, que na novela ...Distancias... (YÁÑEZ, Paco. ...Distancias... A Coruña: Baía Edicións, 2008, pp.82-84) o escritor Paco Yáñez plasma deste modo a displicencia á que se enfronta Berdullas por defender os seus ideais compositivos:
“¡¡¿De Berdullas?!!... ¡¿Tocaron unha obra de Jorge Berdullas?! -preguntou N abraiado e máis doído se cabe por non ter estado alí, por mor da rareza que supuña en si a interpretación en vivo dalgunha das pezas daquel compositor, un dos poucos que N consideraba destacable na escena galega, tanto polas súas obras explorativas dos anos oitenta, como polas xigantescas construcións desenvolvidas a partir dos noventa; en partituras nas que a modo case que de saba se entrelazaban matemática e música para a organización dos tempos simultáneos, en dimensións máis propias de titáns que de persoas, como en Res Facta ou, sobre todo, naquela Apocalipse segundo San Xoán que Berdullas dispuxera para doce grupos orquestrais, doce coros, doce recitadores e doce directores coordinados informaticamente; obras cuxas pretensións e requirimentos facían que pendurasen silenciadas no limbo dunhas partituras só accesibles a ollos altamente preparados, dos que non abundaban, e a círculos moi próximos aos do propio compositor; [...]
- Si, de Berdullas. Deixa que mire no programa como se chamaba a peza, que non me lembro... Metamorfias I, iso foi o que tocaron onte; Metamorfias I para piano e voz.
- ¿ Metamorfias I?! –preguntou sorprendido e alterado N-. ¿E que tal... gustou?
- Pois sinto dicirche que nada; a xente mesmo semellaba que ía marchar, porque foi a última obra do programa e a verdade é que non tiña nada que ver có resto.
- Porque sería o único decente, mira ti. A xente a nada que lle sobe un pouco o listón, a nada que a enfrontan coa modernidade e lle esixen unha escoita activa e reflexiva sae correndo, iso xa pasaba cos últimos cuartetos de Beethoven, pasou coa Primeira de Mahler, con Apparitions de Ligeti, coa maioría das pezas de Helmut Lachenmann e con tantas outras, como agora con Metamorfias I, ou coa outra Metamorfia, o Trifoglio, moitísimo máis complexa e nin tan sequera estreada...”
Entre as súas creacións cómpre destacar El paso (1ª y 2ª partes) op.15a e 15b (1989); Biomecánicas (letanía para o día dos dereitos do home) op.17 (1990); Proun (homenaje a El Lissitzky) op.19 (1991); Cuarteto de cuerdas nº 2 (1991); Alogón (el dominio del caos) op. 20 (1991.); Las estructuras del Caos, op. 23 (1995-96); Res Facta (bajo el impulso de Neoriel) op. 24; (1998- 2000); El Apocalipsis según San Juan, op. 25, e El Apocalipsis según San Juan. De la Explosión del tiempo a las infinitas columnas de la multitemporalidad y matemática de tiempo cero. Op. 25. (2001-2005). El autor norteamericano Sidney Bertram Smith en Classical mussicians speak out as a new century begins (Gran Bretaña: Melrose Books, 2005), plasma unha síntese do pensamento compositivo de Jorge Berdullas, e verte nun estilo divulgativo, comentarios sobre a súa creación musical incidindo na influencia que éste exercerá na música do século XXI.
-
Título da composición / Título de la composición
Aevum. Criterios de simultaneidad integral. Op. 21
Data / Fecha
1992
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Orquestra e tres directores.
Número de movementos / Número de movimientos
1 ou 2
Duración total / Duración total
20'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Inclúe ca. 1.200 compases. Obra dedicada a Asunción del Río Romero, nai do compositor.
-
Título da composición / Título de la composición
Aion (estudio), Op. 14
Data / Fecha
1988
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Dez percusionistas.
Número de movementos / Número de movimientos
2
Duración total / Duración total
20'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
-
Título da composición / Título de la composición
Alogón. El dominio del caos. Op. 20
Data / Fecha
1991
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Catro voces (sopramo, contralto, tenor e baixo) e orquestra de corda (formada por 12 instrumentos de corda).
Número de movementos / Número de movimientos
1
Duración total / Duración total
12'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Dedicada a Asunción del Río Romero, nai do compositor.
-
Título da composición / Título de la composición
Anástasis, Op. 18
Data / Fecha
1990
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Piano con caixa chinesa.
Número de movementos / Número de movimientos
1
Duración total / Duración total
8'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Dedidada á pianista Clara Romero.
-
Título da composición / Título de la composición
Aurea I, 'romance', Op. 12
Data / Fecha
1988
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Voz (mezzosoprano) e piano.
Número de movementos / Número de movimientos
1
Duración total / Duración total
6'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Texto: Salvador de Madariaga.
-
Título da composición / Título de la composición
Axis mundi o el séptimo rayo. Hacia una arquitectura del movimiento. Op. 22a
Data / Fecha
Entre os anos 1993 e 1994
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Dúas orquestras, dobre coro (un cantado e outro fonético) e tres directores temporizados por dispositivo informático.
Número de movementos / Número de movimientos
2 8Arquitectura I-Arquitectura II).
Duración total / Duración total
45'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Inclúe ca. 4.500 compases. Obra dedicada a Asunción del Río Romero, nai do compositor.
-
Título da composición / Título de la composición
Axis mundi o el séptimo rayo. Hacia una arquitectura del movimiento. Op. 22b
Data / Fecha
Entre os anos 1993 e 1994
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Seis recitadores fonéticos, coro, dúas orquestras e tres directores
Número de movementos / Número de movimientos
2 8Arquitectura I-Arquitectura II).
Duración total / Duración total
45'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Inclúe ca. 4.500 compases en páxinas de 90x45 cm. Obra dedicada a Asunción del Río Romero, nai do compositor.
-
Título da composición / Título de la composición
Behavior-Music (cuarteto nº 1) Op. 9
Data / Fecha
1987
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Cuarteto de corda (dous violíns, viola e violonchelo)
Duración total / Duración total
8'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Estrea: Estreada o 19 de abril de 1988 no Museo de Bellas Artes (A Coruña) no Concerto de presentación da Asociación Galega de Compositores. Foi interpretada polo Cuarteto Lieder (José L. Del Caño, Vargahola Badie, Emilian Szcygiel e Elena Mihalache). Reposicións: O mércores 5 de abril de 1989 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, interpretada polo Cuarteto Clásico de Euskadi, dentro das III Xornadas de Música Contemporánea, organizadas pola Aula Aberta da Universidade de Santiago de Compostela.
-
Título da composición / Título de la composición
Biomecánicas. Letanía para los derechos del hombre. Op. 17.
Data / Fecha
1990
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Performer, voz (baixo) e piano.
Número de movementos / Número de movimientos
3 secuencias.
Duración total / Duración total
18'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Texto: Salvador de Madariaga.
-
Título da composición / Título de la composición
Contorno 689 Op. 7a
Data / Fecha
1986
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Grupo instrumental (11 instrumentos: frauta, óboe, clarinete, trompa, 2 violíns., viola, violonchelo, contrabaixo e dous percusións) e dous directores.
Número de movementos / Número de movimientos
2
Duración total / Duración total
12'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
-
Título da composición / Título de la composición
Contorno 689. Movilidades del Atlántico. Op. 7b.
Data / Fecha
Entre os anos 1986 e 1991
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Orquestra de cámara
Número de movementos / Número de movimientos
1
Duración total / Duración total
12'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
-
Título da composición / Título de la composición
De areas sonoris, 'El resurgir', Op. 8
Data / Fecha
1987
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Grupo instrumental (9 instrumentos: clarinete, trompa, trompeta, trombón, violín, viola, violonchelo, contrabaixo e un percusionista).
Número de movementos / Número de movimientos
2
Duración total / Duración total
15'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
-
Título da composición / Título de la composición
Dos estudios rítmicos Op. -1
Data / Fecha
1980
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Catro percusionistas
Número de movementos / Número de movimientos
2
Dificultade / Dificultad
Media
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
-
Título da composición / Título de la composición
El Apocalipsis según san Juan. De la Explosión del tiempo a las infinitas columnas de la multitemporalidad y matemática de tiempo cero. Op. 25
Data / Fecha
2001/2005
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Doce recitadores fonéticos, doce grupos vocais e instrumentais e doce directores temporizados por dispositivo informático.
Número de movementos / Número de movimientos
23 (14 movementos, 7 interludios, prólogo e epílogo).
Duración total / Duración total
150'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
No arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Texto: Apocalipsis de San Juan. Inclúe ca. 45.000 compases en páxinas de 2m.x 90cm. Obra dedicada ás víctimas do atentado do 11-S-2001 en Nova York, e a todas as víctimas do terrorismo. Os movementos de que consta esta obra son os seguintes: Las siete cartas – El trono de Dios – Los siete sellos - Los siete sellos y los jinetes de la Apocalipsis – El séptimo sello y cuatro trompetas- Destrucción, 5ª y 6ª trompeta – La séptima trompeta – La bestia y su número 666 – Los ángeles exterminadores – Las siete plagas – Juicio y caída de Babilonia – La derrota de la bestia – La caída de satanás, el reinado del milenio – Reino de Dios, un nuevo cielo y una nueva tierra.
-
Título da composición / Título de la composición
El paso (Iª y IIª partes), Op. 15a y 15b
Data / Fecha
1989
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Seis e doce percusionistas e dous directores.
Número de movementos / Número de movimientos
2
Duración total / Duración total
20'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
-
Título da composición / Título de la composición
Escena op. 0 (2ª versión, con grupo instrumental e director).
Data / Fecha
1983
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Grupo instrumental (clarinete, violonchelo e percusión).
Número de movementos / Número de movimientos
1
Duración total / Duración total
8'
Dificultade / Dificultad
Elemental
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Estrea: Foi estreada o 1 de xuño de 1993 no Museo de Belas Artes (A Coruña) na 6ª edición do Ciclo de Concertos organizada pola Asociación Galega de Compositores. Gravada: Gravación do ensemble s21, dispoñible na súa web http://www.ensemble-s21.com Reposicións: O 15 de maio de 2003 na Sala de Cámara do Palacio de Congresos da Coruña, dentro dun Recital Poético-Musical, con motivo da celebración do día das Letras Galegas 2003, e interpretada por Carolina Landriscini (violoncello), Esteban Valverde (clarinete) e Diego Ventoso (percusión). O 8 de xullo de 2008 dentro do programa Via Stellae, III Festival de Música de Compostela, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, interpretada polo grupo Ensemble s21, dirixido por Jorge Berdullas del Río. O 14 de febreiro de 2009 no Conservatorio Superior de Música da Coruña, dentro do ciclo “Camiños na Composición Contemporánea”, interpretada polo ensemble S21, e dirixida por Jorge Berdullas del Río.
-
Título da composición / Título de la composición
Estudios múltiples op. -2: El estro automático. Recreación 1ª.
Data / Fecha
1978/1984 e revisada en 2003
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Grupo instrumental indeterminado (aberto) con percusionista obrigado.
Dificultade / Dificultad
Media
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono: 981 557 225
Observacións / Observaciones
Estrea: Foi estreada o 12 de outubro de 2003 no Museo de Belas Artes (Santiago, A Coruña) na 11ª edición do Ciclo de Concertos organizada pola Asociación Galega de Compositores. Foi interpretada polo Grupo instrumental Siglo XX (Juan Ferrer, clarinete; Florian Vlashi, violín; Rediana Lukaçi, violoncello; José Belmonte, percusión; Ayako Zumba, piano).
-
Título da composición / Título de la composición
Ideograma 25E (1ª y 2ª versiones), homenaje a Varèsse. Op. 5a.
Data / Fecha
1986
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Frautas en do e sol (opus 5.1a) ou clarinete en Si bemol (opus 5.1b).
Número de movementos / Número de movimientos
27 formantes.
Duración total / Duración total
8'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Estrea: Foi estreada o 5 de febreiro de 1991 na Aula de Cultura de Caixa Galicia (A Coruña) na 4ª edición do Ciclo de Concertos organizada pola Asociación Galega de Compositores. Interpretada por LIM; dirixida por Jesús Villa Rojo. A 2ª versión de Ideograma 25E foi estreada por Antonio Arias o luns 7 de outubro de 1991 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, dentro do IV Ciclo de Concertos da Asociación Galega de Compositores. Gravada: Gravación do ensemble s21, dispoñible na súa web. A versión para clarinete está gravada por Vicente López, clarinetista do ensemble s21, e intérprete da estrea mundial da versión para clarinete. Curiosidades: dedicada a Manuel Mosquera. Reposicións: O 15 de maio de 2003 na Sala de Cámara do Palacio de Congresos da Coruña, dentro dun Recital Poético-Musical, con motivo da celebración do día das Letras Galegas 2003, e interpretada nunha versión para frauta, debida a César Concheiro. O 8 de xullo de 2008 (versión para clarinete) dentro do programa Via Stellae, III Festival de Música de Compostela, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, interpretada polo grupo Ensemble s21, dirixido por Jorge Berdullas del Río.
-
Título da composición / Título de la composición
Impresiones sonoras en blanco y negro Op. 4
Data / Fecha
1986
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Piano.
Número de movementos / Número de movimientos
5 seccións (Núcleo Inicial-Vibrátil-Núcleo Aglutinante-Claroscuro-Núcleo Final).
Duración total / Duración total
7'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Estrea: Foi estreada o 5 de febreiro de 1991 na Aula de Cultura de Caixa Galicia (A Coruña) na 4ª edición do Ciclo de Concertos organizada pola Asociación Galega de Compositores. Interpretada por LIM; dirixida por Jesús Villa Rojo. Reposicións: O venres 29 de decembro de 2000, dentro do VIII ciclo de concertos da Asociación Galega de Compositores, celebrado no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, interpretada por Vera Paulova. O 14 de abril de 2002 na Habana (Cuba), na Basílica de San Francisco, dentro do ciclo de música Contemporánea Gallega, organizado pola Unión de Escritores e Artistas de Cuba (UNEAC), e a Asociación Galega de Intérpretes de Música Clásica (ASGAIM), e interpretada por Pedro Fernández Roque. O 15 de maio de 2003 na Sala de Cámara do Palacio de Congresos da Coruña, dentro dun Recital Poético-Musical, con motivo da celebración do día das Letras Galegas 2003, e interpretada por Pedro Fernández Roque. Curiosidades: obra seleccionada no Concurso Internacional de Piano “Pedro Espinosa”, celebrado no casino de Galdar, nos anos 1997 e 2000.
-
Título da composición / Título de la composición
Las estructuras del Caos. Metodología para el establecimiento de una ciencia del movimiento y los tiempos simultáneos en la música. Op. 23
Data / Fecha
Entre os anos 1995 e 1996
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
No arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Traballo musical científico de ca. 1400 páxinas e estructurado en dous capítulos, nos que se aborda o estudio da proporción horizontal e a proporción vertical.
-
Título da composición / Título de la composición
Metamorfias I, Op. 10
Data / Fecha
1987
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Piano
Número de movementos / Número de movimientos
1
Duración total / Duración total
7'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Estrea: Foi estreada o 13 de maio de 1988 no Museo de Belas Artes (A Coruña) no Concerto presentación da Asociación Galega de Compositores. Interpretada por Clara Romero. Gravada: no ano 1997 pola Asociación Galega de Compositores - Edicións do Cumio CD9-1077. Intérpretada por Antoni Besses (piano), e Jorge Berdullas del Río (accións instrumentais e vocais). Reposicións: o 28 de xuño de 1991 no Auditorio de París, dentro do ciclo da Música galega do século XX, interpretada pola pianista Clara Romero Coves. O 18 de decembro de 2002 no Salón-Teatro de Santiago de Compostela, interpretada polo pianista Pedro Fernández Roque.
-
Título da composición / Título de la composición
Metamorfias II, 'trifoglio', Op. 11
Data / Fecha
1988
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Violonchelo normal y preparado.
Número de movementos / Número de movimientos
3
Duración total / Duración total
15'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Estrea: Estreo parcial do segundo movemento o 25 de xaneiro de 1989 no Teatro Principal (Santiago de Compostela, A Coruña) na 2ª edición do Ciclo de Concertos organizada pola Asociación Galega de Compositores. Interpretada por Lito Iglesias.
-
Título da composición / Título de la composición
Momento en color metal, op. 2
Data / Fecha
1985
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Cuarteto de metais
Duración total / Duración total
10'
Dificultade / Dificultad
Media
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Dedicada ao Grupo de Metais Santa Cecilia de Ferrol.
-
Título da composición / Título de la composición
Octeto geométrico con eje en do, op. 3
Data / Fecha
1985
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Voz (tenor) e grupo instrumental (clarinete, trompa, violín, viola, violonchelo, piano e percusión).
Número de movementos / Número de movimientos
2 (Cadencia-Moderato / Lento-Moderato-Cadencia).
Duración total / Duración total
15'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Adicada ao escritor e crítico musical Paco Yáñez con data de xullo de 2008.
-
Título da composición / Título de la composición
Periphonos, Op. 16
Data / Fecha
1989
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Violín, viola e violonchelo.
Número de movementos / Número de movimientos
2
Duración total / Duración total
15'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
-
Título da composición / Título de la composición
Proun. Homenaje a El Lissitzky (cuarteto nº 2). Op. 19
Data / Fecha
1991
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Cuarteto de corda (dous violíns, viola e violonchelo)
Número de movementos / Número de movimientos
1
Duración total / Duración total
12'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
-
Título da composición / Título de la composición
Res facta. Bajo el impulso de Neoriel. Op. 24a
Data / Fecha
Entre os anos 1998 e 2000.
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Seis recitadores fonéticos, cinco grupos vocais e instrumentais e cinco directores temporizados por dispositivo informático.
Número de movementos / Número de movimientos
2 (Diacronías-Sincronías).
Duración total / Duración total
50'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
No arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Inclúe ca. 8.000 compases en páxinas de 1,20x60 cm. Obra dedicada a Asunción del Río Romero, nai do compositor.
-
Título da composición / Título de la composición
Res facta. Bajo el impulso de Neoriel. Op. 24b
Data / Fecha
1998/2000
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Cinco grupos vocais e instrumentais, un coro fonético repartido en dous grupos e cinco directores temporizados por dispositivo informático.
Número de movementos / Número de movimientos
2 (Diacronías – Sincronías).
Duración total / Duración total
50'
Dificultade / Dificultad
Superior
Observacións / Observaciones
Inclúe ca. 8.000 compases en páxinas de 1,20x60 cm. Obra dedicada a Asunción del Río Romero, nai do compositor.
-
Título da composición / Título de la composición
Sugerencias a una estructura vacía, op. 6
Data / Fecha
1986
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Grupo instrumental (frauta, guitarra, contrabaixo e percusión).
Número de movementos / Número de movimientos
1
Duración total / Duración total
12'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Estrea: Foi estreada o 29 de outubro de 1986 no Axuntamento de A Coruña, dentro do ciclo de Xoves Intérpretes Coruñeses, na súa 2ª edición. Interpretada polo Grupo Talea (Manuel Mosquera, Jorge Berdullas, José Crisanto Gandara Eiroa, Eulogio Albalat) e dirixida por Jorge Berdullas.
-
Título da composición / Título de la composición
Sugerencias a una estructura vacía, op. 6 (2ª versión)
Data / Fecha
1986
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Grupo instrumental (frauta, trombón, contrabaixo e percusión).
Número de movementos / Número de movimientos
1
Duración total / Duración total
12'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
No arquivo do compositor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Foi estreada o 5 de outubro de 1999 no Auditorio de A Coruña, na súa sala de cámara, polo grupo instrumental Siglo XX, dirixido polo autor.
-
Título da composición / Título de la composición
Sunt illiae. A la zifra como generadora de las descomunales y terribles multiproyecciones espacio-temporales que constituyen los principios del tiempo infinitesimal. Op. 26
Data / Fecha
2006/2010
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Trinta grupos vocais e instrumentais e trinta directores temporizados por dispositivo informático.
Número de movementos / Número de movimientos
12 (10 movementos e 2 interludios).
Duración total / Duración total
120'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
No arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Inclúe ca. 85.000 compases en páxinas de 320cm.x 90cm. Os movementos de que consta esta obra son: Jubal – Isosefias – La columna Rostrata – Abenragel – Tablas Alfonsinas – Los cinco Dioses, Zahel y Raphan – Almagesto – Cartas Efesias – La esfera de Biante – Sellos místicos. Interludio homenaxe a Wagner e Interludio homenaxe a Brucner.
-
Título da composición / Título de la composición
Tres verbo-chips, p. 5.2
Data / Fecha
1986
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Trío vocal.
Número de movementos / Número de movimientos
1
Duración total / Duración total
5'
Dificultade / Dificultad
Superior
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
-
Título da composición / Título de la composición
Un tiempo en tres vivencias Op. 1
Data / Fecha
Entre os anos 1984 e 1985
Formación requerida (voces, instrumentos e formacións) / Formación requerida (voces, instrumentos y formaciones)
Grupo instrumental (clarinete, violín, violonchelo, piano e percusión).
Duración total / Duración total
12'
Dificultade / Dificultad
Media
Atópase dispoñible / Se encuentra disponible
Dispoñible no arquivo persoal do autor. Contactar no teléfono 981 557 225.
Observacións / Observaciones
Estrea: Foi estreada o 17 de febreiro de 1985 en A Coruña. Interpretada por LIM; dirixida por Jesús Villa Rojo. Gravada: Gravación do ensemble s21, dispoñible na súa web. Reposicións: O 17 de xuño de 1996 no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña, dentro do VI Ciclo de Concertos da Asociación Galega de compositores, e interpretada polo grupo instrumental Siglo XX, dirixido por Jorge Berdullas del Río. O 8 de xullo de 2008 dentro do programa Via Stellae, III Festival de Música de Compostela, no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, interpretada polo grupo Ensemble s21, dirixido por Jorge Berdullas del Río. O 14 de febreiro de 2009 no Conservatorio Superior de Música da Coruña, dentro do ciclo “Camiños na Composición Contemporánea”, interpretada polo ensemble S21, e dirixida por Jorge Berdullas del Río.
volver
|
|
|
|
|