ACTIVIDADES
Coñeza as actividades que organiza a Asociación Galega de Compositores, AGC e as novas relacionadas cos seus membros. Conozca las actividades que organiza la Asociación Gallega de Compositores, AGC y las noticias relacionadas con sus miembros.
volver

XVII Ciclo AGC. Segundo concerto. Homenaxe a Xan Viaño

Data inicio / Fecha inicio

25/06/2012

Lugar / Lugar

Ferrol, Auditorio Conservatorio Profesional de Música, luns 25 de xuño, 20:00 horas

Intérpretes / Intérpretes

Grupo Instrumental S. XX Florián Vlashi (director)

Composicións / Composiciones

Antón ALCALDE....................Transparencias sobre unha Cantiga Popular

Juan PÉREZ BERNÁ................Tres estudios móviles

Xavier COMESANHA................Plenilunio

Javier Mª LÓPEZ RODRIGUEZ.....Dublin lounge

Gloria RODRÍGUEZ GIL.............Chipude


Presentación / Presentación

XXV ANIVERSARIO
XVII Ciclo de Concertos
No 1987 Carlos López García-Picos, Paulino Pereiro, Juan Durán, Juan Vara, Jorge Berdullas, Manuel Mosquera e Xavier de Paz, fundan a Asociación Galega de Compositores.
Vintecinco anos de actividade ininterrumpida ao longo non só dos propios ciclos de concertos senon tamén de múltiples actividades (ciclos de canción galega, Canuto Berea, maratón Marea Negra, edición de Cds, de partituras, etc) así como proxección dos compositores noutros medios. O número de socios inicial mutiplicouse por cinco, e a AGC non deixa de medrar.
É o momento de facer unha pequena reflexión sobre a actividade desenvolvida e a actividade futura. Pero tamén é o momento de celebración da efeméride. Momento gozoso para disfroitar del e coller novas forzas pra seguirmos adiante.
Á nosa celebración sumáronse xa a Banda Municipal da Coruña cun concerto monográfico, o Consello da Cultura Galega ca edición dun libro de cancións compostas exprofeso para a ocasión, a Orquestra Sinfónica de Galicia ca inclusión nos seus programas de
obras de compositores da Asociación, e sumaránse tamén ao longo deste ano a Banda de Ourense e a Real Filharmonia.
E é o momento tamén de recordar aos nosos socios falecidos.
Por eso este ciclo está adicado a eles. O Grupo Instrumental Século XX, dirixido por Florián Vlashi é un dos intérpretes máis fieis da música dos compositores da Asociación. Precisamente a idea de escribir obras para confeccionar dous programas de concerto que
homenaxearan aos socios falecidos xurdíu de Florián Vlashi. Idea que se recibiu co entusiasmo propio dos grandes achádegos. Vlashi propuxo a plantilla instrumental da que non debían de saír as obras a escribir, Dentro dese insrumental proposto, cada compositor era libre de usalo na súa totalidade ou ben de extraer unha combinación do seu gosto.
Polo tanto, todas as obras que se presentan neste ciclo están escritas para a ocasión, e, á marxe do motivo inspirador en cada caso, son todas elas, como conxunto, un homenaxe aos
compañeiros que xa non están connosco. E, polo tanto, tamén son todas estreas.

volver