ACTIVIDADES |
|
Coñeza as actividades que organiza a Asociación Galega de Compositores, AGC e as novas relacionadas cos seus membros. |
|
Conozca las actividades que organiza la Asociación Gallega de Compositores, AGC y las noticias relacionadas con sus miembros. |
|
|
volver
Presentación da colección “Recursos Musicais para os Conservatorios”.
Data inicio / Fecha inicio
22/05/2014, 12:00
Lugar / Lugar
Biblioteca da Cidade da Cultura, Gaiás, Santiago de Compostela
Presentación / Presentación
Presentación da colección “Recursos Musicais para os Conservatorios”. A Consellería de Cultura e Educación publica 21 cadernos con 133 pezas musicais para uso de alumnado e profesorado dos conservatorios galegos. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitariada da Xunta de Galicia, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe a publicación ‘Recursos musicais para conservatorios’, 21 cadernos que reúnen 133 obras para uso do alumnado e profesorado dos conservatorios galegos. O obxectivo destes volumes é dotar a estes centros e ás súas comunidades educativas de material didáctico específico para o desenvolvemento do currículo tanto do grao elemental como do grao profesional das ensinanzas de música. Traballo conxunto Para elaboración de ‘Recursos musicais para conservatorios’ a Consellería de educación solicitou a colaboración da AGC en 2008; dende esa data e con diferentes gobernos constituíronse diversos grupos de traballo que elaboraron composicións orixinais para as distintas especialidades instrumentais e niveis. O resultado deste labor é un conxunto de 133 obras agrupadas en 21 cadernos, escritas para as especialidades sinfónicas, que son as que contan cun menor repertorio adaptado aos niveis elemental e profesional. Así, fíxose fincapé na composición de pezas para arpa, clarinete, contrabaixo, fagot, frauta travesa, guitarra, óboe, percusión, saxofón, trompa, trompeta, trombón, tuba, viola, violín e violoncello. Estas 133 boras se deben á labor creativa dos seguintes compositores e compositoras: Manuel Alejandre Prada, Miguel Brotóns Pérez, Carlos Cambeiro Alís, José Luis Carro Martínez, José Javier Ces Calvo, Javier Comesaña Pereira, María García-Mendoza Fernández, Raúl Martín Niñerola, Julio Montero Rodríguez, Antonio Peña Fernández, Paulino Pereiro Martínez, Juan Pérez Berná, María Paz Pita Vázquez, Gloria Rodríguez Gil, Julián Rodríguez Rodríguez, Xoán Antón Vázquez Casas e Margarita Viso Soto. As obras foron revisadas por profesorado destinado nos conservatorios de música de Galicia dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria co fin de adecualas aos distintos graos e cursos que conforman as ensinanzas elementais e profesionais de música, de forma que poidan ser utilizadas como material didáctico tanto para a materia de Instrumento como para as de Música de cámara e de Conxunto, así como noutras materias teóricas como Harmonía ou Análise. No transcurso da presentación o conselleiro quixo, polo tanto, agradecer o traballo que fixeron as compositoras e compositores que colaboraron na elaboración destes libros, o dos profesores dos conservatorios que revisaron as obras, o do equipo do Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial da Consellería na coordinación da publicación, así como a participación da Asociación Galega de Compositores “que colaborou de xeito decidido na elaboración das obras que constitúen esta colección de partituras”. Á rolda de prensa asistiron ademais o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira; o subdirector xeral de Aprendizaxe permanente e Ensinanzas de réxime especial, Juan Durán; a presidenta da Asociación Galega de Compositores, Margarita Viso; membros desta asociación autores da edición das composicións musicais da publicacións e directores dos conservatorios de música dependentes da Xunta de Galicia e profesores colaboradores da edición.
volver
|
|
|
|
|